
Queres ter un avatar personalizado?
Faremos unha nova recollida de avatares para aqueles usuarios que aínda non o teñen ou que queiran cambialo. Como en ocasións anteriores tedes que enviar a imaxe ó seguinte correo-e:
canteiran

(en asunto poñer: Avatar de _(teu nick)_
Dimensións e peso máximos: 100 x 100 pixeles, 6 kb.
Formato: .jpg ou .gif
Non tes a habilidade para facer o teu propio avatar?
Pois non te preocupes. En delcelta.com contamos cun experto 'avatarista' que fará a imaxe que te represente no foro. Só tes que contactar co avarista oficial do foro: Ereaga. Envíalle unha mensaxe privada, dille as túas preferencias e gustosamente che fará o teu avatar.
O prazo remata o 14 de setembro


Normas do foro: viewtopic.php?f=24&t=15411
5.3 - Está prohibido:
Usar firma e inserir imaxes con simboloxías políticas, fotos e comentarios obscenos ou que atenten contra a sensibilidade dos demais usuarios ou que se entenda como provocación ou desafío. DelCelta.com resérvase a facultade de cancelar ou suspender os nomes e imaxes por ser inxuriosos, molestos, malsonantes, inoportunos, por ser coincidentes con persoas famosas ou personalidades notables sen a autorización das mesmas, marcas, rótulos, denominacións sociais, slogan, frases publicitarias, ou porque, en xeral, vaian contra a moral, os bos costumes ou a orde pública.