Gustaríame suxerir o traslado dos fíos de Comunio ós sub-foros de Xogos (qué é o que é) ou Casino (un sub-foro ocupado só pola porra).
Non me parece acertado á súa inclusión no sub-foro de "Off-topic" cando existen outros máis axeitados para este tipo de fios, e moito menos paréceme acertado o porlle "chincheta" que os mantenhan no máis alto a uns fios exclusivos para un xogo particular de 12 foreiros en cada un.
Somos bastantes máis os que entramos en "Off Topic" a comentar de cine, literatura, o estado económico, cocinha etc., e non me parece nin o lugar e moito menos o xeito de compartir sub-foro cunha liga particular.
Grazas.