Temos en produción unhas chaquetas que estarán listas máis ou menos para finais de febreiro. Achegámosvos unhas fotos de como son as que nos fixeron de mostra. Advertirvos que no peito levará un debuxo que nos fixo un dos socios da peña (o ilustrador Pablo Rosendo), o cal vos mostramos por separado, para que poidades ver. Destas chaquetas faranse unidades limitadas, así que se algún quere reservar algunha, deberá de enviar un correo electrónico a info@siareiros.net indicando a cantidade e o talle. O prezo destas chaquetas será de 28 € para socios da peña e de 30 € para non socios. Se se esgotasen as chaquetas e houbese moita demanda, cabería a posibilidade de facer outro pedido, pero habería que xuntar un pedido mínimo. Como podedes ver na chaqueta, leva 3 bordados: No peito o debuxo do siareiro, na manga o gañador do premio Manuel de Castro Hándicap do 2011 Álex López e nas costas o nome da peña e as 3 webs que colaboran con ela.
Ante a demanda de varios socios por comprar a chaqueta da pena da que xa non temos existencias, previmos facer un 2º pedido á fábrica, sempre que cheguemos a un número mínimo de chaquetas que serían dunhas 15 unidades.
Se algún de vós quere algunha chaqueta, que nolo indique o correo electrónico da peña. Os talles van dende a 8, 10, 12, 14 (para nenos) e dende a S ata a XXL para adultos.
Se algún quere a chaqueta pero non está seguro do talle, que nolo indique e nalgún partido en balaídos de pretempada, podemos vernos no RECA que é onde nos adoitamos reunir antes dos partidos e hai xente con chaquetas da peña de distintos talles que poderán probarse.
As chaquetas teñen un custo de 28 € para socios da peña e de 30 € para os que non sexan socios, que non teredes que pagar ata que vos confirmemos que imos poder realizar o pedido. Podedes ver detalles das chaquetas neste enlace: http://siareiros.net/tenda/
Lembramos a todos os que queredes reservala chaqueta da peña e non estades seguro do talle, que podedes parsar pola cafetería RECA o sábado antes do partido fronte o Southampton de 19:00 a 19:30. Tentaremos que vaia xente que teña a chaqueta para que podades probar distintos talles, pero o máis seguro é que non teñamos todos.
De momento non podemos pedilas, porque non chegamos o pedido mínimo, asíque se algún máis quere animarse, este é o momento.
Non é necesario ser socio da peña para poder mercala. O único que cambia é o precio, que pasa de 28 € a 30 €.