Páxina 1 de 1

[M] Os mellores da 2011/12

MensaxePublicada: 29 Ago 2011 13:20
por delcelta.com
Os mellores da 2011/12

Clasificación


Imaxe

Imaxe

Imaxe

Comeza o novo curso 2011/2012, e con el as votacións dos mellores xogadores do Celta para os foreiros de delcelta.com. Resaltamos as novidades do regulamento en cor verde.

Xornadas



Normas

    Para cada partido pódense sumar/restar puntos de tres xeitos:
    Votación
    • Pode votarse en cada partido un máximo de 5 xogadores, entre aqueles que teñan disputado un mínimo de 15 minutos ou se beneficien dalgunha das catro primeiras bonificacións. En caso de non atopar xogadores destacados abondo para o partido en cuestión, prégase absterse de votar en base a preferencias persoais e demáis criterios que desvirtúen a votación.
    • O primeiro clasificado recibirá 10 puntos, o segundo 8 puntos, o terceiro 6 puntos, o cuarto 4 puntos e o quinto 3 puntos.
    • En caso de empates múltiples a votos, discriminaráse de xeito que sempre obteñan puntos alomenos 5 xogadores, non sendo necesario puntuar as cinco posicións¹.
    Bonificacións
    • Gol marcado: 4 puntos se é defensivo², 3 puntos se é ofensivo³, 2 se foi de penalti.
    • Asistencia: 3 puntos se é defensivo², 2 puntos se é ofensivo³.
    • Penalti parado: 4 puntos para o porteiro.
    • Penalti provocado: 2 puntos (por sufrir falta ou provocar unha mán cun control/envío).
    • Minutos xogados: de 1 a 15 minutos; 1 punto, de 16 a 30, 2 ptos.; de 31 a 45, 3 ptos.; de 46 a 60, 4 ptos.; de 60 a 75, 5 ptos.; e máis de 75 minutos 6 ptos.
    • Vitoria: 1 punto aos que entran nas votacións.
    • Portería a cero: 1 punto aos xogadores defensivos que entran nas votacións.
    Penalizacións
    • Expulsións: 3 puntos por cartón vermello directo, 2 puntos por dobre amonestación.
    • Penalti cometido: 2 puntos.
    • Penalti errado: 1 punto.
    • Gol en propia: 1 punto.
    • Ciclo de cartóns: 2 puntos por acumulación de cartóns.
    • Sanción disciplinaria: en caso de sanción disciplinaria non ordinaria, 3 puntos.


¹ Se hai 5 ou máis primeiros, todos eles levarán 10 puntos, e ninguén máis recibirá puntuación; se hai 4 primeiros e outro(s) despois deles, éste(s) recibirá(n) 6 puntos e ninguén máis recibirá puntuación; se hai un primeiro e varios empatados despois del, éstes recibirán 8 puntos e ninguén máis recibirá puntuación. Se hai un primeiro, un segundo, e varios despois deles, éstes recibirán 6 puntos; etc.

² Os porteiros, defensas, e mediocentros defensivos.
Isto é: Yoel, Sergio Alvarez, H. Mallo, R. Lago, Ortega, Catalá, Túñez, Bellvís, Oier, J. Vila, Oubiña, Bustos, e N. Insa


³ Os mediocentros ofensivos, extremos e dianteiros.
Isto é: Álex López, Dani Abalo, De Lucas, Joan Tomás, Iago Aspas, David Rodríguez, Toni, Papadopoulos, M. Bermejo e Orellana.

.