Páxina 1 de 1

RC Celta de Vigo - Real Valladolid CF

MensaxePublicada: 29 Abr 2014 08:10
por Centolos
Gran día, unha vez máis esta tempada, o vivido este luns no vello municipal de Balaídos. O RC Celta de Vigo gañou con claridade o Real Valladolid por 4-1, acadando os ansiados 43 puntos que, si non é dun xeito matemático, sí dunha maneira virtual danlle ó equipo vigués a permanencia na primeira división.

Unha vez máis o Celtismo deuse cita no vello municipal dun xeito abrumador, chegando balaídos ós 17.106 espectadores un luns ás 22:00 hrs. Aínda que non sexa noticia, hai que escribir en letras de ouro a implicación da afección e a gran afluencia durante toda a tempada, a un estadio que non da comodidade algunha os sus habituais pobladores.

Pero para os Centolos e as Centolas onte a noite tivo unha cor especial. Esta pasada fin de semana participamos no I Mundial #BalaídosUniversal A Peña Celtista Centolos Celestes clasificouse para a final na tarde do domingo a través da votación a traves de “favoritos” dunha foto propia no Twitter.

Onte, no descanso do partido enfrentémonos cos amigos de Irmandiños1923 _plas_ , cun bo porteiro de Preferencia Celeste Baixo os paos _plas_ , nunha tanda de penalties, na que a sorte estivo do noso lado e coa que nos proclamamos campións do 1º Campionato Mundial de Peñas #BalaídosUniversal ! :grin:

O ano do 90 aniversario do Real Club Celta de Vigo, as camisolas de 1923 e de 1924 de Centolos Celestes luciron máis que nunca sobre o céspede de Balaídos da mán dos nosos xogadores, que ademáis lanzaron os penalties coas saias centolas, uns cracks!!!

Estes foron os nosos particulares heróes:

- O “correcamiños” do Morrazo, MARCOS SOBRINO.
- A locomotora guardesa, o “bombeiro” HUGO ESTÉVEZ.
- O descaro de YAGO “filigranas ziguich” PRIETO.

Grazas a todos por facer da de onte, unha vez máis, unha gran noite !!! biggrin