Hola a todos. Estamos aínda abraiados pola enorme repercusión que están a ter as camisolas conmemorativas do 90 aniversario do R.C. Celta de Vigo, polo que agradecemos enormemente o voso interese. Este producto, feito con moito mimo dende Centolos Celestes, tenta mostrar unha imaxen o máis próxima á realidade posible daquelas primeiras equipacións do noso Celta, para o cal foi preciso moito tempo de investigación e estudo da fermosa historia do noso clube.
Información do producto:
- As camisolas, ó igual que tódolos productos da peña, están feitas en Galicia. Neste caso é a firma porriñesa TREZZE que as confecciona.
- As camisolas son realmente polos de manga longa, tal e como eran en 1923 e 1924.
- Hay dous modelos dispoñibles: Vermella (1923) e Celeste (1924)
- O rango de tallas vai dende a XS ata a XXL.
- O prezo é de 30€, tendo un desconto de 5€ os socios e socias da peña.
Información para a realización do pedido:
- O prazo para facer o pedido finaliza o 15 de setembro.
- O prazo de entrega comeza a partires do 15 de outubro.
- É precisa unha sinal de 10€ por camiseta para que a reserva sexa efectiva, podendo ser aboada de dous xeitos:
* Nas previas dos partidos do R.C. Celta de Vigo, tanto os de fora coma os da casa, na cafetería Tribuna.
* Mediante ingreso na conta corrente da peña. Por motivos de confidencialidade e seguridade, neste caso é necesario que vos poñades en contacto connosco a través do mail: centoloscelestes@hotmail.com
(Para os que sodes de fóra o procedemento de reserva será o mesmo. Á hora da entrega teredes que pagar o importe restante e enviarémosvoslas por correo cos gastos de envío contrarembolso.)
Recibide unha forte aperta, coma non, dende o fondo da Ría.