Páxina 6 de 6

Re: Centolada

MensaxePublicada: 17 Set 2009 18:40
por Centolos
Bueno centolada, tempada nova. Este ano, esperemos sexa mellor que o anterior, tentaremos ir un pouco máis alá coa peña. Temos moita xente nova polo que faremos máis cenas, festas e troula en xeral. Aproveitar pra comentarvos que antes de fin de ano teremos Asamblea e que tódalas ideas que teñades serán benvidas. Por outra banda agradecer o grande interese que estades a mostrar co tema das camisetas. Unha aperta a todos, coma non dende o fondo da Ría !!!

Re: Centolada

MensaxePublicada: 09 Nov 2009 22:42
por Falagan
no digo nada y lo digo todo,como te digo una cosa te digo la otra.
Cena de navidad YA!!!!!!!!!
quien se apunta

Re: Centolada

MensaxePublicada: 12 Nov 2009 23:11
por PabloR
Me parece buena idea. Yo me apunto!

Re: Centolada

MensaxePublicada: 15 Nov 2009 05:37
por jessyka
Falagan escribiu:no digo nada y lo digo todo,como te digo una cosa te digo la otra.
Cena de navidad YA!!!!!!!!!
quien se apunta



Yo me apuntooooo xDDD

Re: Centolada

MensaxePublicada: 31 Ago 2010 22:48
por Centolos
...Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010...


...sen marisco e dende o fondo da Ría !!

Re: Centolada

MensaxePublicada: 17 Set 2010 11:42
por Ereaga
ostras , yo me apuntaba :mrgreen:

Re: Centolada

MensaxePublicada: 24 Set 2010 09:52
por jessyka
Centolos escribiu:...Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010, Cea de comezo de tempada 2010...


...sen marisco e dende o fondo da Ría !!


Me apuntoooooo :grin: :grin:

Re: Centolada

MensaxePublicada: 27 Set 2010 23:31
por Centolos
Por certo, quero aproveitar para animarvos a visitar a web da peña, con nova imaxe e co video feito por unha das nosas peñistas, que relata un pouco da breve vida de Centolos Celestes nestes mais de tres anos.

Unha aperta moi grande e grazas a todos os que o facedes posible.

http://www.centoloscelestes.es/

Saudos dende o fondo da Ria...

Re: Centolada

MensaxePublicada: 01 Out 2010 08:49
por Ereaga
yo vi el peaso de video que pusiste en Facebook ... GRANDE GRAAAAAAAAAAAAAAANDE _plas_ _plas_ _plas_

Centolada

MensaxePublicada: 07 Xuñ 2013 11:24
por Centolos
#QuedadaCeltistaEnPrimeira_2013

Remata unha tempada intensa, dura e bonita á vez. Como rezaba aquela campaña de aboados, o celtismo "vive en estado de nova esperanza", máis vivo que nunca e en primeira división, o lugar que nos coresponde.

A sorte, esquiva sempre na historia deste clube, apareceu nos derradeiros encontros desta tempada 2012-2013 e fixo posible a ecuación da felicidade celeste, cunha permanencia milagreira e histórica polo difícil da facenda e polo significativo da mesma, enviando ó máximo rival á segunda división.
Este ano, en Centolos Celestes queremos facer especial mención a Belermo Dios Dios, eterno presidente da Peña Carcamäns, que deixa a primeira liña do mundo peñista, tras facer desta peña da Arousa a meirande das que forman o universo celeste. Coma celtistas queremos darlle as grazas por todo o que nestes 10 anos fixo polo clube dos seus amores.

Ó igual que outros fixeron connosco antes, queremos recoñecer o intenso e inmenso empurre e traballo de moitas peñas, que sendo de recente creación, non só tiraron, senón que tiraron moito do carro da afección este ano. A consolidación de unhas e a puxanza de outras garante un futuro esperanzador a isto que chamamos Celtismo. A unidade fai a forza.

Tamén queremos lembrar ós que xa non están, a eses que quedaron no camiño e non puideron desfrutar deste doce final. Ou aqueles que estando, están lonxe. Os Celtistas que asistiron dende a diáspora ós sufrires e as ledicias de este noso equipo. Unha forte aperta a todos eles.

Dende o fondo da nosa Ría, pechamos a cancela esta tempada co pracer do traballo ben feito. As novas facianas da peña nos levarán a outros destiños, ou de outras maneiras, pero sempre ó carón do que nós máis queremos, o Real Club Celta de Vigo.

A que ven, será unha nova tempada, con moitas novidades e sorpresas, cun aire novo, con proxectos e ideas diferentes, cunha forza renovada e coa enerxía do berro máis forte:

Sempre CELTA !!!!

Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo
Máis info en: http://www.centoloscelestes.es

Re: Centolada

MensaxePublicada: 09 Set 2014 07:36
por Centolos
CAMPIÓNS DO "I TORNEO CELESTE DE FUTBOL INDOOR"

Onte a Peña Celtista Centolos Celestes de Vigo escribiu unha páxina gloriosa no pequeno libro da súa particular intrahistoria.

Os amarelos convertéronse nos primeiros campións do Torneo Celeste de Fútbol Indoor organizado pola Federación Galega de Fútbol Indoor na escola Rosalía de Castro de Bembrive, en Vigo. O percorrido ata a vitoria final foi longo pola duración do torneo e duro pola calidad e a intensidade de xogo dos rivais.

Comezou a mañá cun encontro antes os compañeiros da Peña Preferencia Celeste B cunha vitoria por (5-3) pero que tivo un custe elevado para Centolos Celestes xa que o noso vicepresidente Pablo Ruíz e máis Brais Lestón lesionáronse. Cun só troco, os amarelos pagaron o desgaste físico.

Ambiente relaxado antes da gran final.
O segundo partido foi ante os amigos de Canteira Celeste, e se saldou cunha vitoria por (5-1) deixando ó equipo Centolo clasificado para a seguinte rolda.

O derradeiro encontro da primeira fase saldouse cunha derrota ante "Peladores Celestes" por (6-8), con ambos equipos xa clasificados. Neste momento tamén tivemos que lamentar a lesión de Bertiño.

As semifinais disputáronse cun triangular doble. No noso cruce tocounos xogar con dous peñas amigas e xa clásicas nestas lides. O primeiro encontro ante rapaces da Peña Irmandiños1923 foi un encontro apaisoante, con moitas alternativas no xogo e no marcador e que rematou cun empate (2-2). O segundo dos encontros de semifinais rematou cunha vitoria por (5-1) ante os mozos da Peña Comando Celta. Co empate e a victoria Centolos Celestes pasou á gran final de Bembrive.

Invasión de campo trala épica remontada.
A final foi contra Peladores Celestes, un equipo con moitísima calidade como xa demostraran na fase previa. O equipo amarelo comezou recibindo un severo correctivo de catro goles a cero. Tras repoñerse e lograr meterse no partido voltou a encaixar outro parcial de catro goles a cero, polo que a falta de escasos minutos o resultado era un (4-8) moi pouco esperanzador.

O que pasou despois é moi dificil de explicar. Pundonor, garra, empuxe e convicción fixeron que no derradeiro minuto do encontro os amarelos empatasen (9-9) logrando forzar os penaltis. Uns lanzamentos impecables, sen ningún erro, déronlle ós amarelos o triunfo final.

É de xustiza salientar a implicación e esforzo de todos os asistentes, tanto xogadores como afección. Pero tamén o corpo técnico e directiva, xa que as ausencias habituais foron cubertas dun xeito maxistral tanto por Pablo na dirección como por Miguel no aspecto técnico.

Dende as 10:30 ata as 22:30 horas nun domingo de setembro, o equipo amarelo de Centolos Celestes xogou 12 horas de fútbol indoor espectacular, sen dominar a priori este deporte e sen adestrar nunca xuntos.

Foi unha lección de pundonor, coraxe, loita e compromiso dos amarelos cristalizada na épica remontada da final. Unha afección fiel e un triunfo baseado na fe, o traballo e o corazón, son os materiais necesarios para construir o que chamamos "orgullo centolo".

Noraboa a todos e todas os que onte fixéchedes coa vosa actitude esta peña máis grande e a todos aqueles que nalgún intre vestiron esta camisola. Grazas equipo. _plas_

Re: Centolada

MensaxePublicada: 09 Set 2014 15:12
por siareiros.net
Noraboa rapaces. Non vimos a final, pero ten moito mérito gañarlle a Peladores Celestes, un equipo que polo que se puido ver, deben competir habitualmente e adestrar xuntos a fútbol indoor.

Unha xornada chea de fútbol, de bo ambiente e de cor celeste.

Lástima para nos, quedar fora da 2ª fase por un gol.

Re: Centolada

MensaxePublicada: 10 Set 2014 12:11
por Centolos
Pois sí, foi unha final moi complicada. Notábase que os rapaces de "Peladores" eran "profesionais", coido que eran un equipo de fútbol sala, e sí, o partido foi moi dificil.

Hai tanta diferencia entre as peñas e quenes non o son neste tipo de torneos... É unha mágoa, pero bueno, como iniciativa está ben, o fútbol indoor é algo diferente. _plas_

Siareiros.net sempre está ahí, e cada día mellor, chegará o voso turno o voso torneo. Cando xogáramos no 2007 formando parte de Siareiros.net, o máximo logro fora un empate 1-1. Dende aquela todo mellorou, sobre todo na portería, jajajajaja. :sad: