Páxina 1 de 1

Málaga - Celta (26 de octubre)

MensaxePublicada: 10 Out 2013 14:03
por BertoC11
Viaxa a La Rosaleda connosco ó Málaga-Celta 26/10/13 16:00

Imaxe

En Preferencia Celeste organizamos desprazamento a La Rosaleda para ver o Málaga-Celta. Imos apoiar ó Celta neste momento onde todos sumamos, e cada afeccionado conta.

A saída é o Venres 25 de Outubro entre as 20:00 e as 21:00 desde Balaídos, con noite en ruta, e chegada á cidade de Málaga antes do partido (Sábado 26 ás 16:00). Este horario aínda está pendente de concretar.

Logo do partido deixamos tempo libre a todos para visitar a cidade de Málaga, recomendando a visita ó Castelo de Gibralfaro (aberto ata as 20:00, 2,2€), á casa natal de Picasso (aberta ata as 20:00, 2€), ó Museo Picasso de Málaga (aberto ata as 20:00, 6€) ou ó teatro romano (aberto ata as 21:00, de balde).

A volta está prevista para o propio Sábado 26 ás 23:59 aproximadamente, con noite en ruta e chegada ó día seguinte a Vigo.

O prezo do bus é de 50€ (45€ os nosos peñistas), máis a entrada para bancada visitante: 40€. Se alguén quere coller a entrada pola súa conta, pode notificalo e pagar simplemente o bus. Non se xestionarán só entradas sen praza de bus.

Para cobrar a viaxe estamos en Cafetería Las Gradas (Avenida Fragoso 92, Vigo) o Venres 11 e Sábado 12, Venres 18 e Sábado 19, en horarios aínda por concretar (avisaremos do horario a través de Twitter -@PrefCeleste- e nesta mesma páxina), e o Luns 20 de Outubro de 18:00 ata que comece o partido ás 20:00.

En caso de non cubrir o custe do bus suspenderiamos a viaxe e devolveriamos os cartos. Os cartos da viaxe e da entrada non se devolverán a non ser que se suspenda a viaxe por parte da organización. Tan pronto como enchamos as prazas do bus notificaremos que o bus está cheo e deixaremos de aceptar novas solicitudes, non acudindo á Cafetería a cobrar. Só levaremos un bus.

Re: Málaga - Celta (26 de octubre)

MensaxePublicada: 19 Out 2013 13:56
por BertoC11
Imaxe

Re: Málaga - Celta (26 de octubre)

MensaxePublicada: 24 Out 2013 18:46
por Rokinho_Oubinha
Quién va desde Vigo al final?

Un saludo!

Re: Málaga - Celta (26 de octubre)

MensaxePublicada: 24 Out 2013 19:42
por BertoC11
Rokinho_Oubinha escribiu:Quién va desde Vigo al final?

Un saludo!


El viaje se suspendió por parte nuestra, a ver si se anima más gente de Vigo. Y a ver si la Peña Almas Celestes se acercan, me imagino que sí