

Por Semana Santa volve un clásico en delcelta.com: celestes vs laranxas
Celebraremos este encontro de máxima rivalidade no campo da
Cidade Deportiva do Círculo Mercantil


INSCRICIÓN
O acceso á Cidade Deportiva permitirase ós que, non sendo socios, figuren
nunha lista que deberemos entregar o día 03 pola mañá. Por elo todos os
inscritos que non sexan socios do Círculo Mercantil
terán que enviar ó correo-e
noticias.delcelta.com@gmail.com
os seguintes datos:



O límite de xogadores inscritos por equipo será de 16 xogadores. Pregamos formalidade a xente que se anote.
Data tope: luns 02 de Abril ás 20h00
O aluguer do campo dividirase entre todos os participantes e xogaremos
a F-11 ou F-7 dependendo do número de inscritos [1]

(*) No foro só publicaremos o 'nick' dos participantes. Os acompañantes que queiran presenciar o partido tamén deberán facilitar os seus datos
[1] No suposto de que os inscritos fosen moitos faríamos unha convocatoria de 15 xogadores por equipo e os restantes quedarían en lista de espera por se algún dos 15 primeiros fallase. A convocatoria e lista de espera faranse por rigurosa orde de anotación neste fío, feito que supón a confirmación de asistencia ó partido. Polo tanto pregamos a todos/as os/as foreiros/as a máxima seriedade á hora de anotarse.
LISTA PROVISIONAL DE INSCRITOS
