Fai pouco colguei no foro, a Copa mediante os xornais da epoca. Eliminatoria por eliminatoria ata chegar a final, agora veñen as imaxenes en video. Imaxino que algun mais tera estas imaxenes, pero creo que seremos poucos os privilexiados. Asi que teño o pracer de compartir con vós, as imaxenes do NO-DO, da Final de Copa do ano 1948. Un resumo de 3 min e 16 segundos. Esta retocado, tiben que facer uns cortes pra que quedara ben, e porlle unha musica de fondo, asi notabase menos os ruidos. Pensade que son imaxenes en video de fai case 60 anos.
O fio o abro nesta seccion pra que todo o mundo poda atopalo con mais facilidade, logo sera pasado a seccion Historia Celeste.
4 de Xullo de 1948, tarde calurosa en Madrid. Final de Copa no estadio de Chamartin. O celta chegaria a final logo de eliminar o Ferrol, At.Madrid e Español. Este ultimo tibo que ser eliminado, despois de 4 encontros de semifinais. O Celta chegaba a final moi cansado despois de tanto encontro seguido pra eliminar o Español. Pero no seu plantel habia un dos mellores equipos de toda a historia. O gran goleador Hermidita, por decision do entrenador Ricardo Zamora, quedaria no banquillo. Comeza o encontro e marca para o Celta Miguel Muñoz os 6 min, gran gol dende fora da area. Nesa primeira parte empataria o Sevilla por mediacion de Mariano os 18 min. Con un tiro o longueiro remataria esta primeira parte a favor do Celta. Na reanudacion os poucos minutos, caeria lesionado o porteiro Simon, nesa mesma xogada, conmocionado na area e case sen sentido o Sevilla segue disputando o balon ata conseguir Arza o segundo gol, de remate de cabeza. Foi unha xogada moi protestada polo adestrador do Celta, xa que o arbitro debia haber parado o encontro ou o Sevilla debia haber botado o balon fora.
Nesta situacion Simon marcharia do campo lesionado, e daquela non habia cambios, co que o gran medio que habia naqueles momentos na liga Gabriel Alonso, pasaria a xogar de porteiro. Ahi comezaba a debacle celestes, o celta roto na media, cun xogador menos acabaria recibindo 2 tantos mais, mentras o equipo quedaba con 8 xogadores, pola expulsion de Pahiño o que os futbolistas do Sevilla con malas tretas estiberon provocando ata que perdeu os papeis e agrediu a un xogador andaluz, e a lesion de Gaitos é Yayo, este ultimo que tamen tibo que abandonar o encontro. Mariano de novo e Campos, foron os goleadores finais do encontro. Con todo este panorama chegabase a final co resultado coñecido de 1-4.
http://es.youtube.com/watch?v=GefgzSS9Syw