Chegas ó campo a ver ó teu equipo, ben equipado, camiseta, bufanda, bandeira... a ocasión meréceo. O bar como aliado, e os compañeiros sufridores amenizan a espera. Mirar o reloxo e ver canto queda para que empece o partido. Por diante 90 minutos de nerviosismo, pensar se a pelota entrará ou non, como van os rivais, a cantos puntos nos poñemos do terceiro... Unha temporada máis, a tele no Mundial, desprazamentos, faladoiros...
A bancada volve a palpitar, un cántico, un berro de ánimo, un gol, unha protesta, unha dentada de uñas... as caras da afección!
¡Empeza a acción!


