Beakman escribiu:BoPeixe escribiu:Lo sabrás tú . A mí no me contó nada
Necesitaras que cho conten.., as suas decisions falan por si soas.
Adícase a xogar ó fútbol, é a súa profesión, a menos que o coñezas en persoa, ten pinta que non tes razón e que xogar ó fútbol tódalas semanas sí é a súa preocupación.
Ti imaxina que curras na túa casa, tes un soldo apañado, estás cómodo, e te veñen buscar para ir a outra empresa en Valencia. Dóbranche o soldo, unha cidade chula, e marchas a currar alí. Apenas empezas a currar, esa empresa diche que tes que marchar a outra cidade, pola mesma pasta nun contrato de dous anos, Vigo. Pénsalo, negocias que che paguen os gastos dun novo traslado e aceptas. O traballo en Vigo non é o esperado, o xefe non che da moita bola e tí pensas que o das todo no traballo e na túa casa cando o dabas todo, eras dos mellores, certo, nunha empresa máis pequena.
O segundo ano, dinche que tes que marchar a Dinamarca, baixar o soldo, sin coñecer o idioma, a empresa é bastante máis pequena, ainda que ás veces fai proxectos no medio das grandes, pero poucos. Cando voltes sabes que ninguén na sede de Valencia terá visto como traballaches e probablemente te volten vender como recurso externa a outra sede ou cliente.
Pois o mellor tí facías o mesmo que el. Quén sabe en tres meses se o Celta seguirá co mesmo adestrador. Anda que non se teñen dados casos de xente que non conta e logo acaba facéndose o sitio.
Hai que ser máis tolerantes e abertos de mente cos demáis penso. Salvo cos trolls koruños!!