Boban10 escribiu:Pois está claro que eu non vexo ben o fútbol, ou non teño nin idea, porque eu non lle vexo boa saida da pelota, normalmente cando a colle no centro do campo dalla ó que ten máis cerca e pista, cando quere conducir sóplanlle e xa lle quitan o balón, e roubos tampouco fai moitos. Non sei se será porque non ten confianza ou qué, pero eu esas cousas que lle vedes non llas vexo nunca. O de asumir pois qué queres que che diga, tampouco me parece que asuma nada, de feito ás veces esquézome que está no campo.
Cando chegou, nesa pretempada parecérame moi bo, un mini Lobotka, pero xa na liga deume a sensación de que fora un espellismo, e iso foi con Mohamed, o que se supón que o puxo a xogar na súa posición óptima.
Pode que me falten conceptos e non sexa un especialista xulgando xogadores, igual non é tan nulo coma me parece, pero teño claro que cando vexo un xogador bo, e que destaca, sí que son capaz de darme conta, e a Beltrán nunca lle vexo nada.
kdt_lucense escribiu:Coincido con ambos.
Para mí es un cinco. En el Rayo jugaba más atrás, ayudando con su despliegue en tareas defensivas por detrás de los volantes y siendo de los primeros en iniciar el juego. Y fue donde prometía muchísimo y donde destacó.
Para mí lo ideal sería contar con él en el puesto de Okay, darle puerta al turco (no vale ni para tomar por saco) y su sueldo, y subir a Holsgrove para jugar de volante. De este modo tendríamos un cinco (Beltrán) que es micho mejor en aptitud y, sobre todo, actitud que el turco, y un volante, Holsgrove, que es mejor que Beltrán en posiciones más adelantadas. Y más dinero para reforzar el puesto de nueve y un tipo cero implicado menos en el vestuario
Boban10 escribiu:A súa posición é de 5, niso coincidimos todos... E obviamente non é un desastre total, ten as súas cousas boas. Eu no Rayo non teño nin idea de como xogaba, pero penso que rendir ben nun equipo de segunda non garantiza que teña que rendir ben en primeira. É moi novo e pode chegar a ser moi bo xogador? Pois claro que si. Pero eu falo do que aportou no Celta, tendo en conta que foi unha fichaxe carísima pra o noso equipo, e niso o seu rendemento é claramente deficitario. Falades coma se nunca xogase na súa posición, e sí que o fixo, sen destacar prácticamente nada. Protexe a bola sí, pero iso de que nunca a perde mimadriña, cada vez que tenta face-la típica de Lobotka aburiño pelota, cando a solta preto da defensa ben, pero cando tenta romper en conducción as liñas rivais apágaselle a luz e perde o balón, e niso precisamente Lobotka era moi bo, as comparacións son odiosas. Por outra banda non é capaz de facer un pase a máis de tres metros e iso claramente é moi negativo pra un 5, e precisamente falades de Busquets, que non é que sexa coxo, Busquets soe dala curta pra que a movan os cracks do equipo, pero é moi seguro en pases medios ou longos. Tácticamente Beltrán tampouco demostrou ser moi destacado no Celta, non é capaz de roubar, nin anticipar, e corre coma un tolo, perdendo a posición constantemente, e iso pra un 5 é pecado mortal. En resumo, pra min non demostrou nada, nin ten un valor cercano ó que se pagou por el, nin ten características fiables pra xogar na posición na que se lle supón que destaca. Agora pareza que lle teña tirria, pero o certo é que cando fixen unha lista dos xogadores cos que quedaría, ó remata-la tempada pasada, Beltrán foi un dos que incluín, o tema é que dame a impresión de que algúns xogadores caen ben, e a pouco que fagan a xente xa os destaca, e paréceme inxusto comparando co trato a outros xogadores, tendo en conta o que aportou este.
Caronte escribiu:Lo que no tiene sentido es seguir contano con él en posiciones en las que no da.
Tan sencillo como preguntarle a Coudet: Oye, vas a usarlo de 5 (en su supuesta mejor posición)? Si te die que no, mejor buscarle salida.
Pero no le encuentro sentido a usarlo en la línea de mediapuntas. Para jugar ahí mejor buscar en el mercado a alguien vertical, que genere peligro, que tenga alguien de veneno. O a Alfon mismo.
anonadado escribiu:Como 5 de segunda división un fenómeno.
Se lo cambio al Nápoles por Lobotka a pelo, aunque el eslovaco esté gordo y juegue andando.
Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 3 convidados