cvfidel escribiu:Pero por que vai estar destituído? Os nomes que sacou non son nada malos. Quarta na Fiore, Carlos Fernandez, Loren que fixo partidazo vs Barsa, Tello que a está rompendo no Betis, Deulofeu que é titular no Udinese... Quizáis Robertone é o que decepciona de todos os que propuxo. Ata Hoedt que foi horrible aquí é titular agora nun equipo Champions. Veretout outro que propuxo é o líder da Roma. En serio tan malos nomes trae este tío? Ou é que non se solta a pasta polos que de verdade valen e estamos a avalialo polas súas opcións D, E ou F?
Que se ten que marchar e vir outro mellor que, sobre todo, teña mellor controlado o mercado de Segunda División, por min encantado (que creo que pouco se saca de aí coa de calidade que hai), pero analizando en frío, para nada penso que sexa un tío tan malo. Si hai fichaxes horribles (Toro, Mazan, Rossi, Araujo, aínda que este último creo que é máis de Mohamed que de el), fichaxes malas (Juncá, Hjulsager, Lemos), fichaxes boas como Lobotka ou Maxi e, o que penso que máis lle resta, son as fichaxes que claramente eran boas por rendemento ou porque había mil equipos detrás, nos adiantamos e nos saen mal, ou, no mellor dos casos, regular como Mor, Okay, Naranjo, Jensen, Beltrán, Pione... Con diferentes niveis mostrados unha vez abandonar o Celta.
En fin, traballo mellorable, sen dúbida, pero non creo que sexa malo. Calquera director deportivo vaino facer peor se lle traen ás últimas opcións que propón en vez das primeira. Calquera.
Tería que saír en rolda de prensa dicindo: "É que había unha camiseta que me molaba e papá díxome que me daba os 50€ que valía para comprala, pero cando cheguei a casa deume 20€ e díxome que me buscase outra".
Levántachesme unha sonrisa ladrón!, estaba un chisco enfadado e demáis, xa sabes, como celtista e tal...pero foi lerte o artígo este satírico que fixeches e non puiden evitar botar unhas risas.
Boísimo!.