Onte a noite, antes de comezar o partido, caeu un chaparrón moi forte, que provocou que todolos siareiros se tuvesen que tapar, ou ben con paraugas ou ben abandonar o seu sitio e ir a un sitio que non lles chovera. Pero o que ocorria e que había unhas goteiras na cuberta que esta arriba de todo, que era coma se non houbera nada, e moitos siareiros tiveron que ir a cubrirse e buscar outros asentos.
Na Radio Galega, o periodisa Xaime Escudeiro dicía que en Rio Alto tamén houbo problemas (eu estiven en Rio Baixo), e a xente estabase queixando das goteiras na cuberta. En tribuna e preferencia era normal que chovese, posto que cara aí e onde vai a chuva, pero na grada Rio non é habitual que chova.
É por iso, polo que penso que o club debería ter isto en conta e solucionalo canto antes.
Saúdos.