Ratkovic escribiu:Nada novo, dende que unha porta de Marcador pasou a se-la porta de Preferencia-lateral é o de tódolos partidos, poñendo un torno máis por porta algo solucionaríase, pero a mín o que me preocupa máis é que no caso de ter que evacua-la grada por algún accidente, con 3 portas para tódala grada, sería imposíbel. E se non fixádevos como ao remata-los partidos, cando tódalas gradas xa están vacías, en Marcador a metade do seu aforo aínda non saiu.
Nos derbis, no partido de copa ante o At Madrid, etc sempre sain antes e sempre collín cola. Si é certo que a porta 8 xa non é para Marcador entón temos 6 tornos para 4000 e pico de persoas. O do Domingo xamais o vivira. As catro menos cinco da tarde as colas das portas 14 e 12 estaban xuntas e aínda tardei como 10 minutos en percorrer 40-50 metros para poder entrarBreogán escribiu:No tema das colas de entrada eu creo que sería mellor pra todos algo tan sinxelo coma que a xente entre antes... Eu tamén papei cola porque cheguei máis tarde do habitual por mor do horario pero son comprensivo nése eido e creo que con que a xente salga 15 minutos antes de casa, asunto zanxado sen custarlle un euro máis ó clube..
O tema das saídas creo que é máis pola idiosincrasia da bancada que en Marcador adoitamos ficar a aplaudir e ver coma marchan os xogadores polo túnel, pitar ó árbitro e todo o fasto... Noutras bancadas cando quedan dez minutos a xente xa vai desfilando.. (En marcador tamén, pero menos)
Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados