Cuestións de rexistro e inicio de sesión
- Por que non podo iniciar unha sesión?
- Hai varias razóns polo que isto pode ocorrer. En primeiro lugar, asegúrate de que o teu nome de usuario e contrasinal son correctos. Se o son, contacta co xestor do taboleiro para estar certo de que no se che prohibiu o acceso. Tamén podería ser que o xestor do sitio web teña cometido un erro de configuración, que precisará solucionar.
- Enriba
- Por que me teño que rexistrar para todo
- Non estás obrigado a facelo, a decisión tómana os administradores e moderadores. Porén, estar rexistrado dache moitas vantaxes que como usuario convidado non terías, como ter o teu gráfico personalizado (avatar), mensaxes privadas, enviar correos-e aos outros usuarios, subscrición a grupos de usuarios, etc. Só che levará uns segundos, é moi recomendábel.
- Enriba
- Por que a miña sesión de usuario expira automaticamente?
- Se non activas a opción Iniciar sesión automáticamente cando inicias a mesma o foro manterá a túa sesión por un tempo predeterminado. Isto prevén que a túa conta poda ser usada por alguén máis. Para permanecer coa sesión activa, marca a opción ao entrar. NON é recomendábel se accedes ao foro desde un ordenador compartido, é dicir, dun café-internet, biblioteca, sala da universidade, etc. Se non che aparece esta caixa de opción, significa que o administrador desactivou tal posibilidade.
- Enriba
- Como evito que apareza o meu nome de usuario nas listas de usuarios conectados?
- No teu Panel de Control de Usuario, embaixo de “Preferencias do taboleiro”, atoparás a opción Ocultar o teu estado en liña. Activa esta opción con Si e só aparecerás para os administradores, moderadores e ti mesmo. Contarás coma un usuario oculto.
- Enriba
- Perdín o meu contrasinal!
- Acouga! Aínda que o teu contrasinal non pode ser recuperado podes reinicialo dun xeito doado. Para facelo diríxete á páxina de rexistro e preme en Esquecín o meu contrasinal. Segue as instrucións e poderas volver iniciar unha sesión en moi pouco tempo.
- Enriba
- Rexistreime pero non podo entrar!
- Primeiro verifica os teus datos de usuario e contrasinal. Se todo é correcto hai dúas posibeis razóns: se o Sistema de Protección Infantil (COPPA) está activado e cando te rexistraches especificaches ser menor de 13 anos, entón terás que seguir as instruccións que se che deron. Algúns foros requerirán que todos os novos rexistros sexan activados, ben por tí mesmo ou polo administrador antes de que poidas iniciar a sesión; esta información amósase durante o proceso de rexistro. Se recibiches un correo-e segue as instruccións que se che indiquen. Se non recibiches correo-e ningún entón pode que o enderezo que suministraches sexa incorrecto ou a mensaxe fose rexeitada por algun filtro anti-spam. Se estás certo que o enderezo de correo-e que deches é válido tenta conectar co administrador do foro.
- Enriba
- Hai un tempo rexistreime, pero agora non podo entrar!
- Tenta localizar o correo-e que che enviaron no teu primeiro rexistro, comproba o teu nome de usuario e contrasinal e téntao de novo. Pode ser que algún administrador desactivase ou eliminase a túa conta por algún motivo. Do mesmo xeito, moitos foros eliminan periódicamente aqueles usuarios que non publicaron mensaxes nun prazo longo de tempo co fin de reducir o tamaño do banco de datos. Se foi o caso, tenta rexistrarte de novo e participa máis activamente nas discusións.
- Enriba
- Que é o COPPA?
- O COPPA, ou o protocolo Child Online Privacy and Protection (Privacidade e Protección de Rapaces en liña) do 1998, é unha lei dos Estados Unidos que require que, os sitios web que potencialmente poidan recoller información de menores de 13 anos, deban dispoñer de consentimento por escrito dos pais ou calquera outro método de recoñecemento por parte do titor legal, permitindo esa recollida de información persoalmente identificable dun menor de 13 anos. Se non estás certo da aplicación de isto na túa persoa no momento de tentar rexistrarte ou da aplicación ao sitio web no que tentas facelo, contacta con algún asesor legal para obter asistencia. Ten en conta que o phpBB Group non pode proporcionar esa asistencia legal nin é un punto de contacto para asuntos legais, agás dos que se bosquexan máis abaixo.
- Enriba
- Por que non me podo rexistrar?
- Pode ser que o xestor do sitio web prohibise o acceso do teu enderezo IP ou non permita o nome de usuario que estás tentando rexistrar. Tamén podería ser que o xestor do web teña desactivada a posibilidade de rexistro para evitar que se axunten novos visitantes. Contacta con algún administrador do taboleiro para obter axuda.
- Enriba
- Que fai a opción “Eliminar todas as cookies do taboleiro”?
- “Eliminar todas as cookies do taboleiro” elimina as cookies creadas polo phpBB que te manteñen identificado e conectado no taboleiro. Tamén proporciona funcións como control de lecturas, se é que foron activadas polo xestor dos foros. Se estás a ter problemas de inicio ou remate de sesións, ás veces eliminar as cookies do taboleiro pode axudar.
- Enriba
